MOOC. Cursos Online gratuitos: Capacitación docente en contextos rurales
Avaliação e monitoramento de políticas públicas de educação ambiental no Brasil: transição para sociedades sustentáveis
Avaliação e monitoramento de políticas públicas de educação ambiental no Brasil: transição para sociedades sustentáveis
Co afán de dar a coñecer traballos que contribúan a mellorar a nosa educación e o mundo, compartimos o libro “Avaliação e monitoramento de políticas públicas de educação ambiental no Brasil: transição para sociedades sustentáveis”. Esta publicación é o resultado do proceso participativo de construción do Sistema Brasileño de Monitoreo e Avaliación de Políticas Públicas de Educación Ambiental-MonitoraEA (http://www.monitoraea.org.br/).
Tanto o libro como o Sistema MonitoraEA foron lanzados o 13 de novembro en Brasilia/DF, durante o Seminario Nacional que abordou o tema presentando os primeiros resultados do Sistema e, en particular, os indicadores de políticas públicas para a educación ambiental.
Pódese consultar o libro no seguinte enlace: https://www.funbea.org.br/wp-content/uploads/2019/11/livro-MonitoraEA.pdfCurso de Experto Universitario en prevención de drogodependencias
O curso integra o material do Currículum Universal de prevención e o material desenvolvido no proxecto UPC-Adapt, no que participou o grupo, que tiña como obxectivo proporcionar un currículum estandarizado en prvención para Europa. Representa pois, unha oportunidade única para traballar con este completo currículum.
A modalidade do curso é online e a matrícula está xa aberta ata o 30 de xaneiro de 2020.
Manifiesto por un Ocio Inclusivo 2019
En 2019, co motivo da celebración do XXV Aniversario da Cátedra Ocio y Discapacidad pertencente ao Instituto de Estudios de Ocio da Universidade de Deusto, no que o grupo SEPA-interea leva colaborando durante décadas, actualizouse o Manifesto por un Ocio Inclusivo mediante un proceso participativo aberto e anónimo online no que participaron entidades e institucións de todo o Estado vinculadas ao ocio e/ou discapacidade.
O texto orixinal articulouse en 2003 no marco do Congreso europeo Ocio, Inclusión y Discapacidad, organizado pola Cátedra Ocio y Discapacidad. E revisouse en 2004 para a celebración dos 20 anos. O texto actual foi traducido ao inglés e euskera, e adaptado a lectura fácil en castelán e euskera.
Os cinco documentos están dispoñibles na versión dixital e pódense solicitar enviando un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.ou facendo click nos seguintes enlaces:
Manifesto por un Ocio Inclusivo (castelán): https://bit.ly/35H5TIn
Manifesto por un Ocio Inclusivo (lectura fácil): https://bit.ly/306bIhn