O Grupo SEPA-interea ten como valor fundamental contribuír ao desenvolvemento dunha investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental comprometida cos valores cívicos e os dereitos humanos, mediante un labor académico-investigador que responda aos desafíos existentes na sociedade actual, en clave ética, pedagóxica e social.
Para isto, o Grupo conta cun amplo equipo de investigación integrado por 24 membros (incluíndo persoal docente e investigador, bolseiros e contratados en actividades de investigación) e 25 colaboradores externos, coordinados polo Catedrático de Pedagoxía Social José Antonio Caride Gómez.
Os membros do Grupo SEPA-interea acreditan unha ampla e diversificada transferencia de coñecemento en artigos, capítulos, libros, monografías, informes, etc.; ás que se engaden a dirección e titorización de numerosas Teses de Doutoramento, Traballos de Fin de Máster e Graos, etc. Superan a cifra de 200 os artigos publicados en revistas nacionais e internacionais durante os dez últimos anos, moitos deles en publicacións indexadas cun índice de calidade relativo (ISI-JCR, SCOPUS, entre outros).
Doutra banda, o Grupo mantén un elevado nivel de financiación externa, acadada mediante a concorrencia a convocatorias competitivas. Así, na última década logrou o recoñecemento para máis de 21 proxectos de ámbito europeo, nacional e autonómico, ao igual que diversos contratos con empresas e entidades tanto públicas como privadas. Ademais, ten promovido, organizado e participado en numerosos congresos e xornadas tanto de carácter internacional como estatal, vencellada a redes, entidades, colectivos, etc. coas que mantén unha colaboración continuada en distintos países e lugares do mundo. A isto engádese a súa activa participación en sociedades científicas e iniciativas comprometidas cunha visión crítica e transformadora da educación escolar e social.
Equipo de Investigación: