Cursos e Seminarios

Desde a Universidade das Illas Baleares, a través do grupo de investigación GIFES ponse en marcha o curso de Experto Universitario en Prevención de drogodependencias.
O curso integra o material do Currículum Universal de prevención e o material desenvolvido no proxecto UPC-Adapt, no que participou o grupo, que tiña como obxectivo proporcionar un currículum estandarizado en prvención para Europa. Representa pois, unha oportunidade única para traballar con este completo currículum.
A modalidade do curso é online e a matrícula está xa aberta ata o 30 de xaneiro de 2020.
 
Podedes encontrar máis información aquí     
 

O vindeiro mes de setembro o Proxecto Resclima (SEPA-interea) participará na primeira xornada deste interesante curso da universidade de verán organizado polo Grupo de Física No Lineal da USC, presentando metodoloxías e resultados de investigación sobre as representacións sociais do Cambio Climático no ámbito educativo, así como propoñendo liñas para unha Educación para o Cambio Climático capaz de situar na axenda sociopolítica a urxencia e a relevancia do principal reto que afronta a humanidade neste s.XXI.

Ler máis: Curso de verán USC: Cambio Climático: As Cinco Fases Do Duelo (2)

Transferir a investigación pode parecer unha tarefa moi complicada e demandante. As TIC e as nosas competencias dixitais poden facilitar o complicar este proceso.

O próximo mércores 29 de maio teremos a gran sorte de contar coa Dra. Paloma Valdivia (Universitat Autónoma de Barcelona; perfil en Twitter: @hurukuta) para dinamizar a xornada de formación A transferencia social do coñecemento. Impacto e transparencia nas redes sociais.

Aprenderás diversas boas prácticas de transferencia que evidencian como as redes sociais son espazos adecuados para difundir ciencia.

A xornada terá lugar de 10h a 14h na Aula 16 do Módulo A da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Se ben a actividade é aberta ao público, o aforo é limitado, polo que é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tras a primeira semana despois da celebración das I Xornadas sobre Conflitos Ambientais no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida), organizadas polo alumnado da materia de Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade dos Graos en Pedagoxía e Educación Social, coa colaboración do SEPA-interea, ofrecemos aquí un pequeno resumo do que nos brindou esa tarde de encontro, de convivio, de visibilización de realidades, de intercambio de experiencias e de recoñecemento do exercicio dunha cidadanía activa e comprometida co territorio que habita e defende ante emprendementos que ameazan tanto o patrimonio natural e cultural como a calidade de vida da veciñanza.

Ler máis: Resumo das I Xornadas sobre Conflitos Ambientais en Galicia

O Grupo de Investigación SEPA- interea convida a participar no curso “ Análise de datos estatísticos con R aplicado ás ciencias da educación”, que ten como obxectivo mellorar as competencias estatísticas dos investigadores e ampliar os seus coñecementos para o desenvolvemento de publicacións científicas. O curso levarase a cabo os días 29, 30 de abril e o 2, 3 de maio de 2019, na Facultade de Ciencias da Educación (campus vida), en horario matutino, de 9:00 a 12:00 h. As prazas están limitadas a 15 persoas, todos os interesados e interesadas deben poñerse en contacto co profesor Germán Vargas (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

CONFERENCIA-COLOQUIO

Democracias, autoritarismos e dereitos humanos no Brasil.

Stela Farias, Deputada Estadual polo Río Grande do Sul, estará o 19 de novembro de 2018 ás 12:00 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela.

Ler máis: 15.Nov.2018 Conferencia-Coloquio: Democracias, autoritarismos e dereitos humanos no Brasil
Páxina 1 de 3