Actividades formativas na Universidade Federal do Paraná (Brasil)
O noso compañeiro Kylyan Marc Bisquert i Pérez ofrecerá diversas actividades formativas e de transferencia durante a súa estadía como profesor visitante no Centro de Educação Ambiental e Preservação do Patrimônio (CEAPP) da Universidade Federal do Paraná (UFPR), en Curitiba (Brasil), por invitación da profesora Marília Andrade Torales Campos, profesora de dita universidade e directora do centro.
[In memoriam] Profesora Dra. María Lucía Iglesias da Cunha
[Artigo de José Antonio Caride e Antón Costa Rico que abre o nº 27 da revista Sarmiento]
Profesora Dra. María Lucía Iglesias da Cunha
(Sao Paulo,1965 - Santiago de Compostela, 2023)
O 27 de novembro de 2023, ultimando a edición do número 27 de Sarmiento. Revista galego- portuguesa de Historia da Educación, tendo como tema monográfico as “historias da Educación Social no espazo iberoamericano”, coñecíamos o pasamento da profesora Lucía Iglesias da Cunha. A súa esperanzada e, ao tempo, persistente loita contra o cancro non conseguiu superar as adversidades da enfermidade, deixándonos orfos da súa pre- senza amable e amigable entre nós.
V Congreso Internacional de Lideranza e Melloría da Educación
De 27 a 29 de maio de 2024, terá lugar na Facultade de Psicoloxía e de Ciencias da Educación da Universidade do Porto (Portugal) o V CILME 2024.
Este Congreso, que decorre da Rede de Investigaçión em Lideranza e Melloría da Educaçión (RILME), en 2024 é organizado pola Comunidade Práctica de Investigación Currículo, Avaliación, Formación e Tecnologías digitais em Educación (CAFTe), do Centro de Investigación e Intervención Educativas (CIIE) da Universidade do Porto, e conta coa colaboración da Asociación Nacional de Directores de Agrupamentos e Escolas Públicas (ANDAEP) e da Asociación Nacional de Dirixentes Escolares (ANDE).