Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Os días 24, 25 e 26 de xaneiro de 2024 terá lugar en Aveiro, Portugal, o XX Congreso Internacional sobre Sustentabilidade Ambiental, Cultural, Económica e Social, organizado pola Rede de Investigación de Sustentabilidade. Unha rede que emerxe como consecuencia dun interese común pola sustentabilidade, desde unha perspectiva holística onde se imbrican as múltiples dimensións económicas, culturais e sociais.

Este programa está organizado desde a UNED en colaboración can Fundación Isos, Opción 3 Iniciativa Social e Fundación SM. Inclúe seis cursos de experto universitario e un mestrado, impartidos integramente en liña, dirixidos especialmente a profesionais e tamén a graduados interesados na temática dos cursos. Son cursos impartidos basicamente por profesorado con experiencia profesional e por profesorado universitario.

Toda a información está disponíbel nestas ligazóns:

https://formacionpermanente.uned.es/tp_actividad/actividad/accion-socioeducativa-con-colectivos-vulnerables-familia-infancia-adolescencia-y-juventud-plan-2015

https://fundacionisos.es/formacion/

 

A Facultade de Formación do Profesorado de Lugo acolle, desde o 28 de novembro até o 19 de decembro, a exposición "A escola nova... tamén entre nós (1921-2021)".

O venres 1 de decembro terá lugar o acto de inauguración, que servirá tamén como homenaxe a lembranza da nosa querida compañeira Lucía Iglesias da Cunha, recentemente falecida, que foi unha das coorganizadoras desta exposición.

Este venres 1 de decembro a partir das 20:30h no Centro Sociocultural de Vedra presentarase un estudo sobre o asociacionismo neste concello e o seu impacto no desenvolvemento socioeducativo e cultural.
 
No coloquio participarán dous compañeiros do noso grupo de investigación: Iván García García e Belén Caballo Villar.

O próximo 23 de novembro terá lugar na Universidade de Oviedo o Seminario Interuniversitario de Patrimonio Cultural, que desta volta estará centrado no patrimonio oral asturiano. Nesta xornada intervirá como convidado José Antonio Caride Gómez (SEPA-interea), cunha conferencia titulada "El patrimonio como pedagogía social, o cuando el pasado construye futuros".

O programa completo está disponíbel nesta ligazón.

A Unidade Técnico-Científica de Educaçión da Escola Superior de Educação, Comunicação e Desporto do Instituto Politécnico da Guarda promove, desde 2014, as Xornadas de Educación. Estes eventos son un espazo de partilla, conscienciación, reflexión e divulgación de coñecemento sobre as problemáticas e os desafíos da educación do século XXI.

Nestas V xornadas, em formato híbrido, dedicadas ao tema “Intervención Educativa e Aprendizaxes: Realidade e Desafíos” procúrase promover o debate sobre a investigaçión e as visións sobre a importancia da intervención educativa perante os desafíos globais contemporáneos da inclusión e sustentabilidade. A intervención educativa ten um papel crucial na preparación para unha cidadanía activa e responsábel a través do reforzo das dimensións cognitivas, sociais e emocionais e comportamentais da aprendizaxe.

Xa está disponíbel o vídeo da "Carta de Maputo", narrada por educadoras e educadores ambientais dos 10 países da Redeluso (Rede Lusófona de Educação Ambiental). A Rede foi fundada no ano de 2005, en Portugal (Ericeira), durante as XII Jornadas Pedagógicas da Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA). A fundación da rede tiña como principio a construción de identidades pertencentes aos territorios falantes da lingua portuguesa.