O Grupo de Investigación SEPA (GI-1447) pretende contribuír a situar a Pedagoxía Social e a Educación Ambiental como áreas de investigación relevantes para as Ciencias Sociais e Humanas e, máis concretamente, para as Ciencias da Educación, desenvolvendo unha actividade científico-académica comprometida e innovadora que dialogue cos diversos axentes sociais e institucionais, propoñendo estratexias que sexan de utilidade para a sociedade, para o benestar e a calidade de vida da poboación.
A tal fin, o Grupo SEPA proponse como obxectivos fundamentais:
- Incentivar e apoiar o desenvolvemento de investigacións nos ámbitos da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental
- Desenvolver proxectos e contratos de investigación con diversas institucións e organismos
- Actuar como plataforma para a difusión de coñecementos entre os investigadores de diferentes comunidades científicas
- Contribuír na formación de persoal investigador e profesionais da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental
- Apoiar a realización de traballos de investigación e de teses de doutoramento