Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O 4 de maio celebraráse no estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela o I Torneo Tuxeieires de rugby inclusivo, coa participación de 6 equipos. O programa da xornada pódese consultar nesta ligazón
 
Tuxeleires é un proxecto da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco. A intencionalidade deste proxecto é ofertar un espacio de participación inclusiva plena, e para iso, emprega o rugby como ferramenta habilitadora deste espacio inclusivo. Na equipa participan persoas con e sen discapacidade, homes e mulleres; toda persoa é benvida.
 
As actividades están dirixidas para que a participación sexa plena, contando cos apoios necesarios e promovendo a implicación de toda a xente. A toma de decisións é o eixo para que o aprendido no rugby poida servir na vida, promovendo sempre a autonomía persoal das persoas participantes.

Xunto ao Grupo de Investigación Esculca, impulsamos en Compostela unha conferencia co título "As Escolas do Insiño Galego: centenario da primeira incorporación do galego ao ensino (1923-2023)”, seguida da proxección do documental "Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego à Semente", que foi elaborado recentemente por ese proxecto educativo para conmemorar a efeméride.

O sábado 27 de abril das 9:00 às 13:30h terán lugar no Edificio CERSIA (Rúa Alcalde Raimundo López. en Santiago de Compostela) as I Xornadas de Traballo Social Educativo que, baixo o lema "A peza que falta!", analizará a situación socioeducativa nos centros escolares. A nosa compañeira Diana Escobar moderará a mesa "Análise da situación social no sistema educativo en Galicia".

O proxecto Erasmus+ ‘EduCinema’ liderado pola Universidade de Santiago vén de ser recoñecido como modelo de boas prácticas na Unión Europea. O recoñecemento chega á par que a valoración como ‘moi bo’ do programa, con 92 puntos nunha escala de 100, do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), encargado de xestionar os programas internacionais Erasmus.

A conversa que organizamos entre Juan Carlos Unzué e Ángel Carracedo baixo o título "Por una vida digna", no marco do noso ciclo Educación, ciencia e conciencia [EC²] no diálogo Universidade-Sociedade está disponíbel para ver integramente na seguinte ligazón de Afundación TV:

https://afundacion.tv/contenido/por-una-vida-digna-conversacion-entre-juan-carlos-unzue-y-angel-carracedo/