Publicado un libro pioneiro para as aulas hospitalarias
Reproducimos a información sobre a obra publicada no xornal El Progreso:
Reproducimos a información sobre a obra publicada no xornal El Progreso:
O número 27 de Sarmiento (coordenado por José Antonio Caride Gómez, do grupo SEPA-interea) acolle, na súa parte monográfica, unha ampla representación do quefacer científico, académico e profesional da Educación Social no espazo iberoamericano. Os seus textos, habitados pola diversidade inherente ás realidades educativas e sociais nas que se insiren as súas autoras e autores, están alentados por un afán -un ethos en definitiva-, común: dar testemuño dun pasado-presente no que a educación social, implícita ou explicitamente, ten evidenciado o seu firme compromiso coa procura dunha sociedade mais xusta, equitativa e convivencial. Queda reflectido nas historias que se relatan nas páxinas que seguen, afirmando e reivindicando o importante labor da comunidade universitaria e dos colectivos profesionais, así como do seu necesario empoderamento como educadores ou pedagogos sociais.
O volume abre co texto "In memoriam de Lucía Iglesias da Cunha, recoñecendo e lembrando para sempre o seu quefacer científico, académico e humano a prol da Educación Social en Galicia".
O número completo pode ser consultado nesta ligazón
A mostra "A ESCOLA NOVA... TAMÉN ENTRE NÓS (1921-2021)" estivo exposta durante o período lectivo do mes de decembro na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC en Lugo. A inauguración da mesma serviu como homenaxe á súa coordinadora, a nosa compañeira recentemente falecida Lucía Iglesias da Cunha.
Francisco Candía glosou brevemente o seu destacado perfil (tanto no eido persoal como no profesional), e rendeulle tributo desde esa Facultade, que ela coñecía ben, a toda unha vida ben vivida.
O noso compañeiro Francisco Xosé Candía Durán organiza o próximo venres 22 de decembro na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC (Lugo) unha conferencia co título "As Escolas do Insiño Galego: centenario da primeira incorporación do galego ao ensino (1923-2023)", a cargo do pedagogo Santiago Quiroga García.
No acto proxectarase o documental "Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego à Semente"
A Rede Museística Provincial acollerá do 3 ao 5 de xullo as Xornadas Internacionais sobre museos e educación, na que se exporán experiencias para difusión de patrimonio e cumprimento dos dereitos culturais desenvolvidas nunha decena de museos do Estado entre os que figuran o Museo do Prado, o Museo Arqueolóxico ou o Museo de Altamira, o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Pontevedra.
No encontro, con sede compartida entre os catro museos provinciais, daranse a coñecer materiais e estudos que se están a desenvolver nestes meses por parte dunha ampla rede de investigadores universitarios, profesorado de secundaria e xestoras de museos e que teñen como obxectivo promover mudanzas no enfoque da educación histórica con novas narrativas creadas a partir do patrimonio dos distintos museos.
O pasado 27 de novembro apagábase a luz da vida para Lucía Iglesias da Cunha, profesora da USC desde os anos noventa do pasado século. O seu doutorado, en 1998, cunha tese intitulada A educación ambiental na Administración Pública Local: dez estudos de caso en Galicia, situaríase na vangarda da investigación educativa, abrindo unha liña de traballo de amplas avenidas pedagóxicas e sociais en Galicia, prolongada en Latinoamérica e nas paisaxes da lusofonía. Coa tenacidade intelectual e cívica que a caracterizaba, participou activamente, entre moitas outras iniciativas, na elaboración da Estratexia Galega de Educación Ambiental (2000), nos plans cidadás para a implantación e o desenvolvemento da Axenda 21 Local para a sustentabilidade (2009) e no proxecto USC en transición (2010-2012). Sendo promotora da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), asumiría a súa presidencia entre 2006 e 2013. Nos últimos anos asociaba o seu quefacer investigador á educación no afrontamento do cambio climático no proxecto Resclima, liderado polo profesor Pablo Meira, sendo —xunto coa profesora Rita Gradaílle— investigadora principal no denominado Educar a tiempo ante la emergencia climática y la transición socioecológica: realidades y desafíos para la educación en contextos escolares y sociales (financiado no Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación, período 2023-2026).
Desde 1948, cada 10 de decembro temos motivos para celebrar a aprobación nas Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH). No seu preámbulo, afirmando a fe nos principios políticos, xurídicos e morais que invocan a dignidade en nome da paz, a liberdade, a xustiza ou a igualdade, a comunidade internacional comprometíase —en 30 artigos e apenas 2.000 palabras— a evitar os horrores da guerra ás xeracións vindeiras, liberándonos do temor e a miseria, da tiranía e a opresión.
O vindeiro xoves 14 de decembro, Kylyan Marc Bisquert i Pérez, investigador do SEPA que actualmente está a realizar unha estadía de postdoutoramento no Centre de recherche en éducation et formation relatives à l’environnement et à l’écocitoyenneté (Centr'ERE) de l'Université du Québec à Montréal (UQAM), participará xunto con Sylvie Lapointe, cineasta e estudante do Mestrado en Antropoloxía na Université de Montreal (UdM), e Ana Deaconu, investigadora postdoutoral na Cátedra de Investigación do Canadá sobre as Desigualdades en Nutrición e Saúde (CIENS), tamén da UdM, nunha mesa redonda arredor da Agroecoloxía e a Educación Ambiental dende un enfoque transdisciplinar.
Toda a información sobre a temática a tratar e as personas que participarán na mesa redonda está dispoñible (en francés) nesta ligazón.
Poderase participar en liña na actividade, que se desenvolverá integramente en francés, a través da seguinte ligazón: https://uqam.zoom.us/j/