Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O X CIDU, Congresso Iberoamericano de Docência Universitária: O envolvimento estudantil na Educação Superior é un congreso destinado á promoción dun espazo de encontro entre profesorado, estudantado e investigadores, de diferentes áreas do coñecemento, de países da Comunidade Europea e de América  Latina.
 
O evento organízao a Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul/PUCRS  – co  apoio do Centro de Estudos em Educação Superior  – CEES/PUCRS e é promovido pola Associação Ibero-americana de Docência Universitária  – AIDU .  
 
LIÑAS TEMÁTICAS
Xunto á temática central do Congreso haberá espazos para a presentación de comunicacións e o desenvolvemento de simposios sobre diferentes liñas temáticas de interese común para a Universidade e a docencia universitaria:
1. Permanencia e Fidelización na Educación  Superior
2. Internacionalización da Educación Superior
3. Políticas e Xestión da Educación Superior
4. Tecnoloxías Dixitais na Educación Superior
5. Formación Discente e Espazos de Actuación
6. Currículo e Recursos Formativos
7. Prácticas Pedagóxicas e Innovación na Educación Superior
8. Desenvolvemento Profesional e Formación Docente
9. Avaliación na Educación Superior
10. Redes de Investigación e Colaboración
11. A Escrita Académica na Educación Superior
12. Calidade de Vida na Universidade
13. Diversidade e Inclusión
 
OBXECTIVOS
O congreso ten como principal obxectivo a construción dun espazo internacional e interdisciplinar de intercambio de ideas e experiencias sobre a Universidade  e a docencia de calidade. Pretende:
 · Crear espazos de discusión e debate sobre a Docencia Universitaria, tendo como enfoque a participación do estudantado na Educación Superior.
· Estabelecer sinerxias institucionais e persoais que faciliten avanzar na mellora da Educación Superior.
 
PÚBLICO
Profesorado, investigadores/as e estudantado universitario de todas as titulacións e areas de  coñecemento.
 
DATA E LUGAR DO EVENTO
O X CIDU terá lugar na cidade de Porto Alegre do  30 de outubro áta o 1 de novembro de 2018. Salón de Actos (Edificio 4) e nas dependencias do edificio 50 da PUCRS.