Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

A Universitat Jaume I de Castellón organiza o próximo 11 e 12 de abril de 2024, en modalidade presencial e online, un simposio internacional que, baixo o título "Da utopía á educación transformadora", homenaxeará o pedagogo Pierre Furter.

Pierre Furter, que foi investido como Doutor Honoris Causa a proposta da Facultade de Ciencias da Educación da USC, foi un dos pedagogos máis significativos do século XX. Xunto a figuras como Paulo Freire ou Ivan Illich, exerceu unha influencia decisiva na renovación das representacións educativas nas últimas décadas do século. Temáticas como a educación permanente, a utopía, a educación de adultos, o desenvolvemento rexional, a escola rural, a androxenia, os espazos de formación integral ou a educación sociocultural foron traballadas por el, achegando o seu pensamento, praxe e investigación.

Obxectivos:

1. Actualizar os principais temas nos que traballou Pierre Furter, achegando o estado actual da cuestión en cada un destes campos.
2. Achegar estudos e investigacións arredor dos tres eixos temáticos que conforman a educación permanente e o desenvolvemento rexional.
3. Intercambiar proxectos e experiencias arredor da educación sociocultural transformadora

Eixos temáticos:

Eixo 1: Educación Permanente, Educación de Adultos
Coordinación: Manel Martí Puig (UJI), Lucilia Salgado (Asociación Portuguesa para a Educación e Formación Permanente)

Eixo 2: Educación, comunidade e desenvolvemento rural
Coordinación: Emma Vidal Prades (UJI), Antón Costa Rico ( Universidade de Santiago de Compostela)

Eixo 3: Espazos para unha educación sociocultural
Coordinación: Ántonio Alcántara (Universitat de Barcelona), Rui Fonte (Universidade de Tras-os-montes Alto Douro)

 
O programa do congreso, no que colaboramos desde o grupo SEPA-interea, pódese consultar aquí.

Toda a información en https://quadernsanimacio.net/simposiopierrefurter/