O pasado venres 30 de xuño presentouse en Canarias a película Cinema Climantopia como un dos produtos do proxecto Erasmus+ EduCinema Clima TourAction. Foi no Museo Elder nas Palmas de Gran Canaria onde levouse a cabo a última reunión deste consorcio no que participaron tres universidades e tres centros de educación secundaria de España, Italia, Polonia e Portugal. Entre as universidades participantes, na Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación SEPA-interea, coordinado polo Prof. José Antonio Caride, foi o que liderou o proxecto que remata este ano cunha serie de recursos dixitais para trabalhar nas aulas contidos relacionados coa emerxencia climática e accións para afrontala.
Podedes acceder a máis información sobre o evento no Xornal da USC
Integrantes da última reunión do proxecto EduCinema Clima TourAction.