Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Nestas xornadas organizadas polo alumnado da materia de Educación Social nas políticas culturais do curso 2019/2020 analizaranse os modelos de políticas culturais e as súas implicacións no desenvolvemento das comunidades nos contextos rurais e urbanos, promover a reflexión sobre o perfil profesional do Educador/a Social no quefacer cultural. Daranse a coñecer experiencias prácticas de proxectos de sociocultura nos contextos rurais e urbanos co obxectivo de favorecer o coñecemento de ferramentas e metodoloxías para a acción educativa no ámbito da sociocultura.

A inscripción é de balde e para reservar a tua praza escribe ao seguinte correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)

Data: 27 de novembro de 2019

Programa: 

12:00 h. Apertura da "Mostra de Experiencias Culturais 2019"

12:30 h. Presentación da xornada: 

- Alumnado da materia de Educación Social nas Políticas Culturais

- Representante do Decanato da Facultade de Ciencias da Educación

- José Antonio Caride Gómez (Profesor-Catedrático da USC e Director de SEPA-interea)

- Representante do CEESG

12:45 h. Mesa redonda: "Mapeando as chaves da acción cultural nos contextos rurais e urbanos"

Interveñen: Héctor Pose Porto (Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da UdC)

Lucía Mosquera Miramontes (Técnica de Xestión Cultural do Concello de Teo – Educadora Social)

13:45 h. Fin da xornada de mañá

14:00 h. Xantar comunitario

16:00 h. Mesa de experiencias: “Audiodinamizando: O audiovisual como ferramenta de dinamización sociocultural”

No medio rural: Festival de Cans (cine, música e artes escénicas). Asociación Cultural Arela Un modelo de xestión, unha metodoloxía de traballo específica coa busca da innovación social. Intervén: Keka Losada.

No medio urbano: - Escuela Unitaria (audiovisual, formación, promoción). Asociación de Amigos sí, pero a Vaquiña polo que Vale. Un espazo multidisciplinar e colaborativo vencellado á cultura e á creación. Intervén: Gonzalo Suárez Castro

16:50 h. Mesa de experiencias: "Acción cultural comunitaria"

No medio rural: - Festiletras e outros proxectos na Aldea do Couto-Ponteceso. (Asociación Cultural Monte Branco e Fundación Eduardo Pondal)

No medio urbano: - Proxectos de autoxestión na Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela). Interveñen: Maca Igrejas e Raquel López Fernández

17:40 h. Descanso

18:00 h. Obradoiro de Rap con Adrián Colmenero Estévez

18:30 h. Obradoiro de Regueifa Feminista con Sara Marchena

19:00 h. Feirón (xogos populares a cargo das persoas maiores do Centro Social de Vedra) + Choco-comuna (chocolatada)