A semana pasada recibimos a visita do grupo de investigación CRiEDO da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), coordinado polo Prof. Joaquín Gairín, no marco da súa visita anual orientada ao coñecemento e recoñecemento de diferentes realidades universitarias e contextos de traballo académico e institucional.
A visita, organizada polo noso Prof. José Antonio Caride e coordinada polo noso xestor académico, Marcos Carrizo, incluíu encontros e visitas a diversas entidades e organizacións educativas, sociais e de ámbito institucional, así como a colaboración de referentes destacados na investigación educativa.
Este encontro de tres días entre o grupo SEPA-interea e o grupo CRiEDO pon de manifesto, unha vez máis, a importancia de tecer redes de colaboración interuniversitaria, compartir miradas, experiencias e enfoques, e seguir a construír coñecemento a través do diálogo, a cooperación e o compromiso cunha educación socialmente significativa.














