Nesta nova edición, xa a quinta, dos nosos DIÁLOGOS INTERCULTURAIS – CONSTRUÍNDO PONTES teremos a oportunidade de acompañar a nosa compañera Safa Jaziri, doutoranda da Universidade de Sousse (Tunisia)
Esta xornada será tamén o peche da súa estancia internacional no noso Grupo de Investigación. Durante o encontro, Safa compartirá connosco a súa experiencia durante estes meses de intercambio, así como parte do traballo desenvolvido no marco da súa investigación doutoral: “O impacto do deseño pedagóxico como vector da interacción infantil en contexto escolar. Que papel xogan a ferramentas educativas dixitais?”
A súa investigación aborda o papel do deseño de experiencia en ferramentas educativas dixitais dirixidas á infancia, explorando como estas poden favorecer a inclusión, a equidade educativa e novas formas de interacción e aprendizaxe.
A actividade terá lugar o xoves 25 de junio, de 12:30 a 14:00 h, na Sala 3 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Será unha boa oportunidade para acompañar a Safa neste peche de etapa, compartir as súas aprendizaxes e seguir fortalecendo estes espazos de encontro, diálogo intercultural e construción colectiva de coñecemento.







