Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Sobre nós

O Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea), GI-1447 no Catálogo de Grupos de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), intégrase no Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS) e está dirixido polo catedrático Pablo Ángel Meira Cartea.

Creado no ano 2000, coincidindo coa elaboración do novo catálogo de Grupos de Investigación da USC, o equipo está adscrito ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC e ten a súa sede na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Na súa estrutura intégrase persoal docente e investigador e persoal investigador en formación da USC, nos seus campus de Santiago de Compostela e Lugo, así como unha ampla nómina de colaboradoras en distintas universidades nacionais e internacionais, ademais de profesionais e investigadoras de diferentes ámbitos.

O Grupo SEPA-interea ten recoñecida a súa traxectoria investigadora como Grupo de Referencia Competitiva (GRC) na área de Ciencias Sociais e Xurídicas do Sistema Universitario Galego, contando co financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Forma parte de diversas Sociedades e Redes de Investigación que integran múltiples investigadores de diversas universidades do panorama nacional e internacional.

Sociedades e redes

REAJA

Rede Internacional de Pesquisadores em Educação Ambiental e Justiça Climática

REDELUSO

Rede Lusófona de Educação Ambiental

RIUL

Red Internacional de Universidades Lectoras

SIPS

Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social

Red OcioGune

Rede de investigación en ocio

RETINDE

Red Transdisciplinar de Investigación Educativa

Obxectivos

O Grupo de Investigación SEPA-interea (GI-1447) ten como propósito contribuír á consolidación da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental como ámbitos de coñecemento relevantes para as Ciencias Sociais e Humanas e, de xeito máis específico, para as Ciencias da Educación. Faino mediante unha actividade científico-académica comprometida, innovadora e en dialogo permanente con diversos axentes sociais e institucionais. Trátase dun quefacer que aposta por novos modos de educar e de educarse en sociedade, propoñendo estratexias que sexan de utilidade para as persoas e contribuíndo a mellorar o seu benestar e calidade de vida.
A tal fin, o Grupo SEPA-interea proponse como obxectivos fundamentais:

Incentivar e apoiar a creación, desenvolvemento e transferencia do coñecemento científico nos ámbitos da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental.

Desenvolver proxectos e contratos de colaboración académica e científica (formación, investigación, innovación, etc.) con diversas entidades, colectivos e institucións educativas e sociais, tanto no contexto local como no internacional.

Actuar como plataforma de produción e difusión de coñecementos entre as comunidades docentes e investigadoras en diferentes contextos, territorios e realidades sociais.

Contribuír á formación de persoal docente e investigador, así como de profesionais da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental.

Alentar e apoiar a realización de traballos de investigación con diferentes perfís e achegas (Teses de Doutoramento, Informes de avaliación e asesoramento, etc.).

Liñas de investigación

O grupo de investigación SEPA-interea conta cunha dilatada traxectoria no eido da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental. Neste sentido, a súa actividade científica e académica, e as liñas de I+D+i nas que participa articúlanse arredor dunha dobre tarefa complementaria: por unha banda, contribuír ao desenvolvemento da investigación educativa en e para a sociedade; pola outra, promover novas lecturas na sociedade sobre as potencialidades da investigación educativa para responder ás necesidades e demandas que melloren a calidade da educación, o benestar das persoas e o desenvolvemento humano en diferentes contextos e realidades.
Para aterrar esta tarefa, o grupo ven concretando as súas achegas (proxectos, publicacións, etc.) nas seguintes liñas de investigación:

Pedagoxía social, educación para a cidadanía e dereitos humanos.

Educación ambiental e cultura da sustentabilidade.

Educación e comunicación para a emerxencia climática.

Educación e desenvolvemento comunitario.

Educación, xénero e equidade social.

Tempos educativos e sociais, pedagoxía do lecer.

Historia da educación e da cultura.

Análise do sistema educativo de Galicia: perspectivas histórica e social.

Políticas e acción socioeducativa na Administración Local: educación, cultura, deporte e servizos sociais.

Animación sociocultural e comunidades de aprendizaxe.

Formación e profesionalización en educación social.

OUR TEAM​

Our Leadership​

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

Willie Redd

Senior Pastor

Brent & Ophelia Truitt​

Youth Leaders

Patrick Roberts​

Elder​

WHAT’S NEXT?​

Next Steps​

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

1

Get Connected

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus.

2

Get involved

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus.

3

Grow

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus.

THIS NOVEMBER

Become a part of
something great

Contact Us
Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar