Desde o Grupo de Investigación SEPA-interea organizamos un Seminario Internacional formativo gratuíto, en modalidade presencial e online, centrado na intervención socioeducativa con infancias e adolescencias en situación de risco ou desamparo. A actividade contará con certificación internacional de asistencia.

Este seminario ten como obxectivo achegar ao estudantado e a profesionais do ámbito socioeducativo ferramentas, coñecementos e experiencias prácticas vinculadas á intervención en contextos de protección de menores.
Ao longo de tres sesións, abordaránse cuestións chave como:
+A coordinación entre servizos de protección,
+Os procesos de ingreso y acollida en recursos residenciais,
+A intervención socioeducativa en contextos de vulnerabilidade.
A proposta combina espazos de mesa redonda con profesionais do ámbito e talleres prácticos baseados en casos reais, favorecendo o diálogo, a reflexión e a aprendizaxe situada.
O Seminario incluirá una videoconferencia internacional con experiencias de intervención socioeducativa en América Latina, en colaboración con institucións como a Pontificia Universidade Católica Arxentina e a Universidade FASTA, promovendo así o intercambio de perspectivas e a análise comparada de realidades.
📅 Datas: 28, 29 e 30 de abril de 2026
🕒 Horario: sesións en horario de tarde
💻 Modalidade: presencial e online
🎓 Certificación: certificación internacional de asistencia
💸 Custo: actividade gratuíta
🟥 Persoas destinatarias: o seminario está dirixido ao estudantado de grao, máster e doutoramento da Facultade de Ciencias da Educación, así como a profesionais interesados na intervención socioeducativa con infancias e adolescencias.
A coordenación académica está a cargo das profesoras Andrea Maroñas Bermúdez e María Aguión Lamas, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
🟦 Inscripción: A participación é libre e gratuíta, con prazas limitadas.
👉 Formulario de inscrición:
https://forms.office.com/e/7daKmZ1H2p
👉 Programa completo:
https://tinyurl.com/FormacionInternacionalUSC
Esta iniciativa procura xerar un espazo de encontro entre formación académica e práctica profesional, promovendo o intercambio de experiencias e a construción colectiva de coñecemento no ámbito de la intervención socioeducativa.






