Teach Digital

Código de referencia: 2020-1-UK01-KA204-078929

Convocatoria: Programa Erasmus+

Entidade financieira: European Union Grant

Coordinadora principal: Go-Woman! Alliance do Reino Unido

Socias colaboradoras: Latvian Adult Education Association (Letonia), Momentum (Irlanda), European Network of Migrant Women (Bélxica), SEPA-interea Universidade Santiago de Compostela (España), Instituto Europeo de E-learning (Dinamarca).

 

 

Teach Digital (https://www.teachdigital.eu/) é un proxecto financiado por Erasmus+ e liderado pola Go Woman Alliance (con sede no Reino Unido), que ten como obxectivo apoiar a integración de mulleres migrantes e de minorías étnicas mediante o desenvolvemento dunha educación dixital adaptada ás súas necesidades e condicionantes.

Iniciouse en decembro de 2020, e reúne varias entidades do Reino Unido, Irlanda, España e Letonia, Dinamarca e Bélxica, coa finalidade principal de identificar as mellores prácticas en educación dixital dirixida a mulleres migrantes con dificultades engadidas na comprensión do mundo dixital. O proxecto céntrase en tres grupos obxectivo: I) Profesorado e voluntariado de educación de adultos, especialmente os que traballen en entidades sen ánimo de lucro. II) Organizacións vencelladas á educación de persoas adultas que precisen a ferramentas para mellorar as estratexias de ensino. III) Mulleres migrantes e de minorías étnicas que necesitan unha maior motivación para participar e completar a formación en competencias dixitais para potenciar a súa participación na sociedade global.

O cometido principal das persoas do equipo SEPA-Interea que participan neste proxecto, denominado Teach Digital ToolBox ten tres focos:

  1. a) A compilación dos principais estudos relacionados con experiencias de cada país no marco estratéxico Digicomp da Unión Europea;
  2. b) A localización e descrición de boas prácticas na atención ás necesidades de educación dixital da poboación feminina migrante;
  3. c) A selección de ferramentas dixitais gratuítas e de uso doado para os equipos de educadoras e educadores de persoas adultas con baixas habilidades dixitais.

 

 

Go-Woman! Alliance www.gwacic.com

Latvian Adult Education Association www.laea.lv

Momentum Momentum - Business Consulting and Marketing Services (momentumconsulting.ie)

European Network of Migrant Women www.migrantwomennetwork.org

European E-learning Institute www.euei.dk

SEPA-Interea Universidade de Santiago de Compostela https://www.sepa.gal/