Safa Jaziri, doutoranda da Universidad de Sousse (Tunisia) compartiu connosco, no marco dunha nova edición dos Diálogos Interculturais – Construíndo pontes, a súa experiencia durante estes meses de intercambio, así como parte do traballo desenvolvido no marco da súa investigación doutoral: “O impacto do deseño pedagóxico como vector da interacción infantil no contexto escolar. Que papel xogan as ferramientas educativas digitais?”
A súa investigación aborda o papel do deseño de experiencia en ferramentas educativas dixitais dirixidas á infancia, explorando como estas poden favorecer a inclusión, a equidade educativa e novas formas de interacción e aprendizaxe.











