
Onte celebrouse a Gran Final do concurso ‘Three Minute Thesis (3MT®)’ da Universidade de Santiago de Compostela, no que os finalistas tiveron que expoñer diante do público o contido da súa tese de doutoramento nun tempo máximo de tres minutos.
O 3MT é un concurso internacional de comunicación para investigadores e investigadoras de todas as áreas do coñecemento iniciado pola Universidade de Queensland en 2008. A iniciativa apoia a capacidade das persoas doutorandas para explicar eficazmente a súa investigación en tres minutos, nunha linguaxe adecuada para un público non especializado.
Tras unha longa deliberación, o xurado escolleu o noso compañeiro Marcos Damián Carrizo como gañador do Premio de Excelencia en Divulgación Científica na área de Ciencias Sociais e Xurídicas.
Desde que se celebra este concurso, é a primeira vez que este galardón recae na área de Educación.
Parabéns, Marcos!







