A semana pasada tivo lugar a 5.ª Conferência Internacional do Porto sobre Investigação em Educação, na Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto (Portugal).
O grupo de investigación SEPA-interea estivo representado por María Formoso Silva, Aida Lorenzo Campos e Xabier Riádigos Couso, os cales participaron cunha comunicación oral titulada “Quando a infância toma a palavra: possibilidades e limites da participação no município de Teo”.
Foi unha oportunidade única para divulgar o traballo do grupo e tecer redes con outras persoas e entidades que contribúen ao estudo e avances nas ciencias da educación.
Pódese acceder a máis información sobre o envento no seguinte enlace: https://porto-icre2026.eventqualia.net/en/home/








