Os días 11 e 12 de decembro tivo lugar o obradoiro de fanzines organizado por SEPA-interea + ChromChem (iARCUS) e impartido por Lamosa Lab na Casa das Máquinas, en Santiago de Compostela.
Foron dous días de análise, diálogo e creación artística arredor da auga, a sociedade e a emerxencia climática. Un espazo no que puidemos compartir reflexións, inquietudes, miradas e moita inspiración. Dende a exploración conceptual ata a creación manual do noso propio fanzine, este obradoiro converteuse nun encontro creativo e colectivo cheo de aprendizaxes.
Moitísimas grazas a todas as persoas participantes por facer deste Glub Glub un lugar vivo, aberto e profundamente reflexivo. E un agradecemento especial a Lamosa Lab polo seu acompañamento, ao Concello de Boimorto, a Juan Vinuesa pola música orixinal do vídeo-resumo e á organización por facelo posible. Seguimos creando, pensando e transformando.
Os traballos realizados pódense consultar nesta ligazón.
(Actividade financiada polo convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades, e Formación Profesional e a Universidades de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i.)












