Dámoslle a benvida a Gabriela Guzmán, nova investigadora visitante no grupo SEPA-interea, procedente da Universidade de Tlaxcala (México).
Durante a súa estadía, acompañada polo Prof. José Antonio Caride como titor, Gabriela desenvolverá actividades de investigación e colaboración académica xunto ao equipo, favorecendo o intercambio de coñecementos, perspectivas e experiencias no ámbito da investigación educativa.
Desde SEPA-interea celebramos esta incorporación e desexámoslle o mellor a Gabriela nesta nova etapa.









