Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O noso compañeiro Antonio García Vinuesa estará estes días realizando dúas estancias de investigación no marco do proxecto "Educar a tiempo ante la emergencia climática y la transición socioecológica: realidades y desafíos para la educación en contextos escolares y sociales (resclim@tiempo)" (PID2022-136933OB-C21/C22).

Esta estancia pretende reforzar, establecer e ampliar as nosas alianzas coas universidades e investigadoras latinoamericanas. Estas actividades son imprescindibles para promover un coñecemento científico colaborativo e propoñer procesos de aprendizaxe e investigación horizontais que permitan enriquecer as culturas científicas de todas nos.

Dende o SEPA-interea levamos tempo reforzando esta visión transcultural, compartindo espazos de aprendizaxe, reflexión e debate científico-academico e estamos seguras de que este tipo de actividades son esenciais para seguir medrando neste sentido.