O noso compañeiro Pablo Meira Cartea participará nun diálogo coa bióloga e escritora Teresa Franquesa Codinach, para presentar o libro Cambio climático y ecoansiedad , unha obra divulgativa que explora de maneira clara e comprensible a crise climática e as emocións asociadas para axudarnos a comprendelas e enfrontarnos a elas. O acto terá lugar o xoves 12 de decembro ás 19h no no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, no Pazo de Lóngora (R/ Casares Quiroga, 29. Liáns - Oleiros)
Máis información nesta ligazón.