Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O I Congreso Internacional de Lectura e Escritura (COILES 2025) pretende ser un amplo espazo de encontro académico e profesional en torno ao mundo da lectura e a escritura en todos os ámbitos posíbeis. O lema do congreso –O desenvolvemento multidisciplinar de habilidades lectoras e escritoras– reflicte o interese deste evento por expandir as miras máis aló do contexto do ensino ou o estudo da lingua e a literatura para abordar a lectura e a escritura desde múltiples enfoques, materias e especialidades, de forma transversal, multidisciplinar, innovadora e inclusiva.
 
O COILES 2025 celebrarase en formato virtual os días 11, 12 e 13 de febreiro de 2025 e está organizado pola Fundación Alonso Quijano –entidade privada recoñecida co Premio Nacional ao Fomento da Lectura– en convenio coa Universidade de Málaga e coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación da UMA. Froitos previos da colaboración institucional entre a Fundación Alonso Quijano e a Universidade de Málaga foron as 14 edicións do Seminario Internacional de Lingua Española e Medios de Comunicación e as 6 edicións da Xornada Universitaria de Bibliotecas Escolares e Animación á Lectura.
 
Ademais dos relatorios plenarios, mesas redondas e simposios, a participación no I Congreso Internacional de Lectura e Escritura (COILES 2025) está aberta a tres modalidades de comunicación: a) modalidade dunha comunicación académica; b) modalidade dunha comunicación divulgativa; e c) modalidade de dúas comunicacións: académica + divulgativa. Cada unha delas poderá incluír a súa correspondente publicación.
 
Toda a información sobre o Congreso, así como o formulario de envío de propostas e inscrición están dispoñíbeis nesta ligazón: