Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O pasado 12 de setembro, o noso compañeiro Antonio García Vinuesa asinou o seu contrato como Axudante Doutor na área de Teoría e Historia da Educación do Departamento de Pedagogía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela.

Neste curso académico 2024/2025, no grupo SEPA-interea alegrámonos de comunicar a incorporación do noso compañeiro Antonio á USC como novo axudante doutor e queremos desexarlle que teña un bo inicio de curso neste novo camiño.