Os Foros Internacionais OcioGune son un espazo para a aprendizaxe, a reflexión e o diálogo en tono a diferentes realidades dos tempos educativos e sociais. Nesta edición 2024 abordarase o tema de Tempos, cidades sostibles e emerxencia climática, afondando no papel da educación e do lecer nos espazos urbanos para afrontar a transición socioecolóxica.
O programa completo pódese consultar aquí:
- https://sepa.gal/images/Folleto_Foro_OcioGune_2024_GAL.pdf (galego)
- https://sepa.gal/images/Folleto_Foro_OcioGune_2024_ESP.pdf (castelán)
Nesta ocasión, o Foro está promovido polos equipos de investigación GIAS (Universitat Ramón Llull), PsicoTemps+ (Universitat de Barcelona) e SEPA-interea (Universidade de Santiago de Compostela), tres dos dez grupos que integran a Rede OcioGune de investigación en ocio.
Podes coñecer máis da Rede OcioGune visitando o seu portal: https://ociogune.unirioja.es/?