Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

A revista Práxis Educativa, da Universidade Estadual de Ponta Grossa, vén de publicar o artigo “Asociacionismo, participación e desenvolvemento comunitario durante a pandemia. Un estudo na cidade do Porto”, do que son autoras a profesora Belén Caballo Villar e a doutoranda Aida Lorenzo Campos, integrantes do grupo SEPA-Interea.
 
Este artigo presenta os principais resultados dun estudo comparativo sobre a realidade asociativa e de participación do Porto (Portugal), antes e despois da pandemia. É unha investigación cualitativa lonxitudinal que comeza en 2018, coa análise do labor sociocomunitario de cinco entidades. En 2022 desenvólvese a segunda fase, co obxectivo de comprender en que medida a pandemia puido motivar cambios nas súas dinámicas asociativas. Realizáronse entrevistas semiestruturadas a informantes clave e analizouse a información en base a tópicos. As principais conclusións apuntan a unha necesidade urxente de adaptación, que continúa neste novo escenario social. As mudanzas máis importantes afectan á metodoloxía de traballo e as maiores dificultades son económicas, así como a redución de recursos humanos. Tamén se recoñecen beneficios derivados da pandemia, como novas oportunidades vinculadas ao uso de internet e un incremento na participación.
 
Pódese acceder ao artigo empregando a seguinte ligazón: https://revistas.uepg.br/index.php/praxiseducativa/article/view/22820