O sábado 27 de abril das 9:00 às 13:30h terán lugar no Edificio CERSIA (Rúa Alcalde Raimundo López. en Santiago de Compostela) as I Xornadas de Traballo Social Educativo que, baixo o lema "A peza que falta!", analizará a situación socioeducativa nos centros escolares. A nosa compañeira Diana Escobar moderará a mesa "Análise da situación social no sistema educativo en Galicia".
A inscripción nas xornadas, organizadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, pode facerse a través deste formulario.