Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O número 27 de Sarmiento (coordenado por José Antonio Caride Gómez, do grupo SEPA-interea) acolle, na súa parte monográfica, unha ampla representación do quefacer científico, académico e profesional da Educación Social no espazo iberoamericano. Os seus textos, habitados pola diversidade inherente ás realidades educativas e sociais nas que se insiren as súas autoras e autores, están alentados por un afán -un ethos en definitiva-, común: dar testemuño dun pasado-presente no que a educación social, implícita ou explicitamente, ten evidenciado o seu firme compromiso coa procura dunha sociedade mais xusta, equitativa e convivencial. Queda reflectido nas historias que se relatan nas páxinas que seguen, afirmando e reivindicando o importante labor da comunidade universitaria e dos colectivos profesionais, así como do seu necesario empoderamento como educadores ou pedagogos sociais. 

O volume abre co texto "In memoriam de Lucía Iglesias da Cunha, recoñecendo e lembrando para sempre o seu quefacer científico, académico e humano a prol da Educación Social en Galicia".

O número completo pode ser consultado nesta ligazón