Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O vindeiro venres, 26 de maio, ás 12:30 horas, na Sede do Museo Pedagóxico de Galicia, rúa de San Lázaro, 107, Santiago de Compostela, terá lugar a exposición "EDUCACIÓN, XÉNERO E LECTURA" (Conformar, Reformar, Transformar), da que son Comisariada e Comisariado a Prof. Dra. Rita Gradaílle Pernas e o Prof. Dr. Antón Costa Rico.

A exposición pretende introducir ás e aos visitantes nun escenario de discriminacións e de estereotipos, pero tamén de dinámicas, de procesos de loita e de conquistas transformadoras, a través dun itinerario visual que recorre un cinxunto de 16 mesas expositorias con libros e recursos escolares, obxectos significativos, fotografías históricas, cartelística e imaxes, información escrita e... unha invitación á esperanza contrutiva.