Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O mércores da semana pasada, no seno do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea), comenzou o "Seminario de Formación Interna" do curso 2022-2023.

As dúas primeiras sesións, correron a cargo do investigador Antonio García-Vinuesa, membro do grupo SEPA-interea desde 2017.

Na primeira sesión online do mércores 16 de febreiro, achegámonos ás búsquedas nas bases de datos científicas, en particular na de Scopus, propiedade de Elsevier. Trátáronse contidos relacionados co acceso institucional a este tipo de base de datos, os campos de búsqueda, os operadores, as opcións para refinar os resultados, as características e posibilidades de análise destes, así como, á súa exportación e a información accesible sobre autores/as e revistas.

 

 

A segunda sesión enlazou coa primera achegándonos aos diferentes índices (de revistas e de autores/as) de calidade da produción científica. Explicáronse os principais índices das bases de datos internacionais Web of Science y Scopus, en inglés, e Dialnet e Scielo, en castelán e portugués.

Finalmente coñecimos a Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC), unha clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas valoradas en función dos produtos de avaliación existentes e considerados positivamente polas diferentes axencias de avaliación nacionais como CNEAI, ANECA.