Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Un ano máis terán lugar as xornadas "Pedagoxía das oportunidades". Esta xornada ten a súa orixe nas clases da materia de Contextos Educativos-2º Pedagoxía.

Durante os tres últimos anos vimos organizando esta iniciativa; os dous primeiros de forma presencial, e o terceiro virtual; pero a situación actual lévanos a propoñer novamente que a edición deste ano sexa virtual, coa intención de mantela viva.

Os obxectivos principais son:

  • Dar a coñecer contextos profesionais da pedagoxía.
  • Reflexionar as oportunidades da pedagoxía en tempos de crise.

Queremos agradecer a colaboración de tódalas persoas que fan posible esta xornada: en primeiro lugar ao alumnado de 2º da materia de Contextos Educativos, ás profesionais que comparten as súas experiencias, ao Grupo de Investigación SEPA- interea e á Facultade de Ciencias da Educación da USC.

 

EXPERIENCIAS PROFESIONAIS DA PEDAGOXÍA

 

CONTEXTO EMPRESARIAL: CONCILIACIÓN E IGUALDADE, RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Cristina Arcos Caamaño. Accede ao contido aquí.

 

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Aixa Permuy Martínez. Accede ao contido aquí.

 

EDUCACIÓN DIXITAL

Silvia López Gómez. Accede ao contido aquí.

 

ADOPCIÓN E ACOLLIDA:

Rosa Mª Lema Márquez. Accede ao contido aquí.

 

PEDAGOXÍA HOSPITALARIA:

Patricia Fernández García. Accede ao contido aquí.