Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Os Movementos de Renovación Pedagóxica franceses, conscientes do seu patrimonio de ideas compartidas, configurado por loitas sociais, elaboracións teóricas e experiencias pedagóxicas favorábeis á escola democrática, pública, laica, inclusiva, conectada co territorio socio-cultural, coeducativa e antiselectiva, conscientes igualmente de ser o presente dunha tradición construida ao longo do século XX, a partir do feito de formar parte das expresiones progresistas que configuraron tamén unha boa parte do movemento internacional da Nova Educación, lanzaron en 2017 a proposta de celebración da Biennale Internationale de l´Education Nouvelle (Poitiers), ben acollida como espazo de comunicación e de intercambio, que se renovou en 2019, cunha maior presenza de educadoras e educadores non franceses. Cun novo balance positivo.

 É por iso que oito Movementos acaban de conformar a plataforma Convergences pour l´Éducation Nouvelle, co horizonte de celebración en 2022 da III Biennale. Facéndoo, celebran igualmente a creación en 1921 da Ligue Internationale de l´Education Nouvelle (LIEN), á que se adheriron grupos de educadoras e educadores de distintas nacións, estando entre eles o grupo que con Lorenzo Luzuriaga promovía no Estado español La Revista Pedagogía coas súas series de publicacións.

 Con este horizonte, o próximo día 6 de Marzo lanzan unha acción de comunicación internacional, á que quedan invitadas todas as persoas interesadas.

Máis información