O Grupo SEPA-interea ten dúas resolucións -provisorias- de concesión de axudas aos proxectos presentados á convocatoria do Programa Erasmus nas súas modalidades de “Asociaciones para la Preparación para la Educación Digital en el sector de la Educación Escolar” (KA226) e “Asociaciones para la Creatividad en el sector de la Educación Escolar (KA227).
En ambas convocatorias temos sido seleccionados coas mellores valoracións, ocupando o primeiro lugar de todas as solicitudes presentadas.
1. Modalidade KA226, sendo socios no proxecto "Ciencia escolar E-learning Onehealth" liderado polo Concello de Outes e
2. Modalidade KA227, sendo coordinadores xerais do Proxecto "Creatividad colectiva y educación comunitaria en la alfabetización cinematográfica para un turismo de acción por el clima".
A estas dúas axudas súmase a concedida, como socio noutro Proxecto Erasmus+ liderado por unha entidade do Reino Unido.
Un logro importante na traxectoria científica e académica do Grupo SEPA-interea. Agradecer a todas as persoas que o fixeron posible e en especial ao noso compañeiro Fran Sóñora polo esforzo dedicado. Parabéns!