Foto orixinal de: Santi Alvite (Xornal USC)
O catedrático de Historia da Educación, Antón Costa Rico, recolleu este mércores de mans do reitor Antonio López, o III Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu esforzo a prol da normalización do uso do galego na Universidade. No seu discurso, o premiado aproveitou para poñer o foco na necesidade de adquirir unha maior “confianza social” no uso do idioma propio de Galicia. O galardoado destacou a importancia de que dende a Universidade se promovan iniciativas para fomentar a produción científica en galego. O reitor, pola súa parte, destacou “os moitos méritos alcanzados” na longa traxectoria do galardoado cun premio que distingue a “quen moito ten feito pola lingua”.
Máis información no Xornal da USC.
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/anton-costa-rico-reivindica-maior-confianza-social-galego-recibir-iii-premio-luis