Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O vindeiro martes 30 de abril celébrase no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) as II Xornadas Pedagoxía da Oportunidade, organizadas polo alumnado da materia de Contextos Educativos do segundo curso do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio do Grupo de Investigación SEPA-interea.

Estas xornadas teñen a súa orixe nas clases da materia de Contextos Educativos, do 2º curso do Grao en Pedagoxía.


Ao alumnado propúxoselle a tarefa-práctica de organizar unhas xornadas coa intención de achegarse a diferentes “contextos educativos”; e como unha oportunidade de que sexan os/as protagonistas neste proceso.


Para iso, desenvolvéronse dinámicas de reflexión e de xeración de ideas en pequeno e grande grupo que lles permitiu definir temas, seleccionar experiencias… As achegas do alumnado foron moi diversas; a pesares diso, trataron de priorizar e de integrar as achegas no programa da xornada, tendo como referencia catro centros de interese: pedagoxías invisibilizadas, tópicos e tabús, educación ambiental e educación emocional.


Nunha choiva de ideas, un dos grupos formulou o termo “pedagoxías invisibilizadas”, polo que, se acordou poñer de apelido das xornadas: “facendo visible o invisible”.

 

Obxectivos:
• Dar a coñecer eidos profesionais da pedagoxía.
• Concienciar e sensibilizar sobre a necesidade de romper con tópicos e tabús dos diferentes ámbitos de intervención da pedagoxía.
• Coñecer experiencias de educación ambiental impulsadas no marco dos contextos: escolar, social e empresarial.
• Adquirir un mellor coñecemento das propias emocións e identificar as emocións dos/as demais.
• Favorecer a reflexión individual e grupal sobre os 4 centros de interese da xornada a través de “actividades alternativas”, tratando de “facer visible o invisible”.

 

Programa:

* 10:00 h. Inauguración
* 10:30 h. Mesa de experiencias “Pedagoxías invisibilizadas”:

  • Pedagoxía penitenciaria (María Barba Núñez - Centro Penitenciario de Monterroso)
  • Pedagoxía deportiva (Laura Fraga García - Residencia R.C. Deportivo)
  • Pedagoxía empresarial (José Piñeiro - Entidad Integral de Consultoría e Asesoría-Vigo)


* 12:00 h. Descanso
* 12:30 h. Obradoiros: “Desmontando tópicos e tabús” - Arredor do acoso escolar (José Suárez San Domingo - Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia)

  • Arredor de persoas con altas capacidades (Jaume Romero Miró - ASAC Galicia)
  • Arredor da sexualidade na diversidade funcional (Sara Gómez Camiña – COGAMI)
  • Arredor da comunidade xitana en Galicia

* 14:00 h. Remate


* 16:00 h. Mesa de experiencias “Educación Ambiental; aquí e agora”

  • Contexto escolar: Proxecto “Alianza Terra”: Prácticas educativas para a transición a unha cultura da sostibilidade e a cooperación en Galicia. (Ana Dapena Mora, IES Porto do Son; SEPA USC)
  • Contexto social: Proxecto “Descarboniza que non é pouco” en Santiago de Compostela (Miguel Pardellas Santiago, SEPA USC)
  • Contexto empresarial: “Ecoespazo Casa nas árbores” O conto como ferramenta pedagóxica na defensa do medio ambiente. Proxecto "Cuco" (Cultura para coidar a terra). (Anxo Moure Mosquera, autónomo)

* 17:30 h. Descanso
* 18:00 h. Micro-obradoiros “Educación Emocional”
* 19:30 h. Actividade Alternativa de peche

 

Máis información en:

Instagram: pedagoxíadaoportunidade2

Facebook: Pedagoxía da Oportunidade (https://www.facebook.com/pedagoxia.daoportunidade.79)

Twitter: @pdoportunidade2

Correo-e: pedagoxíEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.