Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Martes, 30 de outubro de 2018

Centro Sociocultural do Vello Cárcere, Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10, Lugo (xunto a estación de autobuses)

Presentación

Sabemos que a prisión debe perseguir o fin social que lle dá sentido e lexitimidade, é dicir, orientar toda a súa actividade a favorecer a reeducación e reinserción, fins constitucionalmente establecidos. Sen embargo, esta misión presenta importantes limitacións: educar na responsabilidade nun ámbito que prima a seguridade e o control, onde as posibilidades de participación real están moi limitadas; ensinar a vivir en liberdade nun contexto de privación de esta; ou (re)socializar fóra da sociedade.

Os centros penais, en tanto que institucións sociais, educan polo simple feito de existir, polo que é relevante reflexionar na definición da orientación das educacións en prisión. Falamos intencionadamente de “educacións”, en plural, porque fronte ao reducionismo que concibe o dereito á educación restrinxido á formación regulada ou á escolarización, apostamos por un dereito á educación inscrita no marco da vida, nos diferentes contextos, espazos, tempos e actividades; dereito que revalorice os aspectos éticos e culturais.

Son moitas e diversas as iniciativas que se están a impulsar nas prisións dende esta perspectiva educativa, pero tamén enormes as limitacións que soportan, tanto dende os marcos reguladores como de financiamento.

Obxectivos

– Afondar e reivindicar o valor da educación como elemento primordial na función (re)educadora da prisión.

– Analizar os límites e potencialidades das accións educativas neste contexto.

– Divulgar e compartir as iniciativas que se están a desenvolver en Galicia.

– Crear unha rede ou dinámica de traballo conxunto que permita fortalecer o traballo educativo nas prisións galegas.

Persoas destinatarias

Diríxese a persoal dos centros penais galegos (dirección, tratamento, escola e vixilancia) e a entidades externas (profesionais e voluntariado), así como a profesionais da educación interesados polo ámbito penitenciario.

Entidades organizadoras

– Asociación Aliad Ultreia (Lugo).
– Grupo de investigación SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela.

Comité organizador

– María Barba Núñez (Aliad-Ultreia).
– Carmen Morán de Castro (Universidade de Santiago de Compotela).
– Laura Cruz López (Universidade da Coruña).

Programa

10:00 a 10:30 – Apertura
10:30 a 12:00 – Conferencia. Orientacións pedagóxicas para non perderse nas prisións. Fernando Gil Cantero (Universidad Complutense de Madrid)
12:00 a 12:30 – Descanso – café
12:30 a 14:30 – Mesa de experiencias. Iniciativas educativas nas prisións galegas
14:30 a 16:00 – Xantar
16:00 a 18:00 – Obradoiro de traballo. Estratexia de traballo colaborativo para fortalecer o labor educativo das prisións galegas. Coro González e Lorena Durán (Asociación Extramundi)
18:00 a 18:30 – Descanso
18:30 a 20:00 – Conferencia. O papel indiscutible da sociedade civil na función restaurativa da prisión. Enrique Arnanz Villalta (sociólogo e filósofo)

Datas e lugar do evento

Martes 30 de outubro de 2018.
Auditorio do Vello Cárcere. Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10, Lugo (xunto a estación de autobuses).

Inscrición

Realizarase través do formulario online, de forma grupal ou individual.
O período finaliza o 1 de outubro de 2018.

Envío de experiencias

Os equipos ou persoas intersadas en presentar experiencias educativas no Seminario deben sintetizar o seu contido na ficha dispoñible na web do seminario e enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o 17 de setembro de 2018.

As experiencias aceptadas mostrasanse en paneis expositivos, seleccionándose unha mostra para a súa presentación oral, atendendo aos seguintes criterios:
– Diversidade de ámbitos de actuación.
– Representación dos diferentes centros penitenciarios galegos.
– Potencialidade da iniciativa en termos educativos e de innovación social.


Máis información
convivenciaprision.wixsite.com/planasc/seminario