Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

A iniciativa Armonia2 xorde dun voluntariado realizado no seo do proxecto de educación social Participa para transformar. Un proceso de cambio en prisión a través da animación sociocultural, iniciativa desenvolvida no cárcere de Monterroso e coordinada polas profesoras vinculadas ao Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela Carmen Morán, Laura Cruz e María Barba, en colaboración coa Asociación Aliad-Ultreia de Lugo. Unha pequena mostra da xira musical desenvolvida polas prisións galegas pode apreciarse neste vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=rx6i2YdOW1A