Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O proxecto “Participa para transformar. Un proceso de cambio en prisión a través de la
Animación Sociocultural”
desenvolvido pola Asociación Aliad-Ultreia de Lugo en convenio co
grupo SEPA-Interea da USC, obtivo un dos catro accésits concedidos nos Premios La Caixa á
Innovación Social 2017. O proxecto está coordinado pola educadora social María Barba Núñez
(Aliad-Ultreia) e as profesoras M. Carmen Morán de Castro e Laura Cruz López (Grupo SEPAInterea).

A iniciativa comezou en 2011 partindo dun diagnóstico participativo arredor dos
problemas de convivencia en prisión, planificándose en función del un Plan Integral de
Animación Sociocultural. Dito Plan ven desenvolvéndose ata a actualidade con diferentes
propostas orientadas a mellorar os niveis de coordinación interna das iniciativas
socioeducativas no centro penitenciario, e de coordinación externa co concello de Monterroso
na procura da inclusión do mesmo nos circuítos educativos, culturais e sociais municipais.
Á convocatoria de Innovación Social presentáronse 643 candidaturas de toda España
concedéndose 10 premios e 4 accésits que foron entregados o martes, 17 de abril en
Barcelona. Cos premios quérese recoñecer a vocación de transformación real e directa a través
de métodos innovadores orientados a mellorar a calidade de vida das persoas en situación ou
risco de vulnerabilidade