Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Co obxectivo de transmitir os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través da creación artística musical, xorde o proxecto presentado pola investigadora Dra. June Calvo-Soraluze, da Universidade de Deusto.

Este proxecto ten como obxectivo crear, gravar e producir, xunto a artistas locais, 10 cancións orixinais, cada unha delas inspirada e dedicada a cada un dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados pola ONU. Enlace para formar parte da iniciativa: ➡ goteo.cc/amalur

Máis información en: https://www.youtube.com/watch?v=SbaMQw83y9E 

O grupo Respostas Educativas e Sociais ao Cambio Climático (Resclima) encárgase de analizar as representacións sociais que adoptamos sobre unha das maiores ameazas que constitúen no século XXI: o cambio climático. Deste xeito, pretenden obter o que pensamos sobre este fenómeno que se move por un mesmo espazo xeral para entender as orixes dunha problemática, ata agora, “moi invisibilizada e pouco considerada”, tal e como remarca o coordinador do colectivo, o profesor Meira.

Unha reportaxe de Mikaela Viqueira

https://www.gciencia.com/premio-comunicacion-cientifica/contar-a-ciencia-5/silencio-da-natureza-sociais/

A investigadora María Soledad Hernández defendeu a súa Tese de Doutoramento, dirixida polos profesores do Grupo SEPA-intereaJosé Antonio Caride Gómez e Antón Costa Rico, obtivo a máxima cualificación de sobresaínte cum laude. O tribunal encargado de avaliar a Tese estivo presidido por catedrático Paulí Dávila Balsera; a profesora María José Méndez Lois e o profesor Miguel Melendro Estefanía completaron o tribunal.

Nova publicada no xornal da USC: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_08/noticia_0006.html