A piques de rematar o mes de xullo, o grupo de investigación SEPA-interea xa está a pensar nas próximas actividades. Coa vista posta no vindeiro curso académico, o grupo prepara o I Seminario Educar e Participar para transformar. O tecido asociativo como elemento clave da acción comunitaria.
Que papel xogan as asociacións na transformación social? Como se constrúen procesos de participación comunitaria desde o local? Que relación ten todo isto coa Pedagoxía Social?… Estas e outras cuestións serán abordadas neste seminario.
Moi pronto haberá máis novidades. De momento, reservade estas datas: 20, 21 e 22 de outubro de 2026.
Bo verán e merecido descanso!







