
María Aguión Lamas
Investigadora Predoutoral Contratada – FPU
Principais liñas de investigación
Adolescencias, lecer, rural e pedagoxía social
Biografía
Graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario (2017-2021), Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, está a elaborar a súa tese de doutoramento no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación (USC) cun contrato predoutoral de Formación para o Profesorado Universitario. Forma parte do grupo do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS). Tamén é membro da Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), a Rede OcioGune e do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG). Esta traxectoria académica complétase coa asistencia e/ou participación en cursos de formación, programas de innovación docente, congresos, xornadas ou seminarios (nacionais e internacionais), así como coa colaboración en tarefas docentes, realización de publicacións científicas e estadías de investigación. Paralelamente, posúe unha ampla experiencia como educadora social en recursos para a inserción sociolaboral de mozas e mozos en situación de vulnerabilidade, en programas con mocidade privada de liberdade e en centros de emerxencia humanitaria. Tamén interveu con familias en situación de desprotección e desenvolveu accións de prevención e sensibilización no ámbito educativo. Actualmente, colabora activamente coa Fundación INGADA no desenvolvemento de talleres para con mozos e mozas con TDAH.
Tese
O lecer educativo adolescente na Galicia rural. Realidades e desafíos (en proceso)
Publicacións destacadas
- Aguión-Lamas, M. (2022). Os tempos de ocio en mozas e mozos en situación de vulnerabilidad. Un estudo de caso na vivenda tutelada de Santiago de Compostela. En 8o Concurso TFG.eduso de Traballos de Fin de Grao da Educación Social (pp. 7–124). Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Proxectos de investigación
- Resclim@tiempo (PID2022-136933OB-C21)
- CON_LecerTeo, unha iniciativa enmarcada no proxecto CON_TIEMPOs (RTI2018-094764-B-100 do Plan Nacional de I+D+i)
- Red de Educación Ambiental, Cambio Climático e Sustentabilidade (REdACamCliS),
- Mapoulas na Rúa.
Docencia
- Colaboración en tarefas docentes nas materias de Servizos Educativos e Culturais na Educación Social (2º Educación Social), Educación do Ocio e Desenvolvemento Comunitario (4º Educación Social)
