
Inés Merayo Fernández
Investigadora Predoutoral Contratada – Xunta de Galicia
Principais liñas de investigación
Historia da educación social, Pedagoxía-Educación Social, Pedagoxía da Memoria, Dinamización comunitaria
Biografía
Graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou o Mestrado en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario na mesma institución. Especializada dende o seu Traballo de Fin de Grao na investigación da historia da educación social ligada ao movemento libertario galego de principios do século XX, desenvolve unha liña de estudo centrada na análise das prácticas educativas emancipadoras e comunitarias no contexto histórico galego. Colaboradora e integrante de diversas asociacións de base arredor da memoria histórica e os dereitos cidadáns, ten participado en proxectos de recuperación da memoria e dinamización sociocultural en diferentes puntos de Galicia. O seu labor combina a investigación social coa intervención educativa, facendo fincapé na importancia da educación como ferramenta para a xustiza social, a participación cidadá e a construción dunha memoria colectiva crítica. Na actualidade, traballa arredor da pedagoxía e a didáctica da memoria histórica, deseñando e coordinando propostas formativas e procesos de aprendizaxe comunitarios que buscan conectar as novas xeracións co patrimonio histórico e social do territorio. O seu enfoque aposta por metodoloxías participativas, colaborativas e interdisciplinares que poñen en valor o coñecemento local, a memoria popular e o compromiso social como eixos centrais da Pedagoxía-Educación Social contemporánea.
Tese
Educación Social e Tendencias Pedagóxicas no Anarquismo Galego (1870-1936)
Publicacións destacadas
- Merayo Fernández, I. (2023). Educación e societarismo obreiro. Un estudo de caso histórico: A Coruña (1886-1936). Ápeiron Ediciones ;
Proxectos de investigación
- CON_LecerTeo, no marco do proxecto CON_Tiempos (RTI2018-094764-B-I0)
- Resclim@tiempo (PID2022-136933OB-C21)
- Mapoulas na Rúa
Docencia
- Pedagoxía Social, grao de Pedagoxía
- Políticas Socioeducativas e Dereitos Humanos, nos graos de Educación Social e Pedagoxía
