
Diego López Seoane
Investigador Predoutoral – Bolsa de Investigación I Deputación A Coruña
Principais liñas de investigación
Museos, Educación Social, Participación estudantil, Universidade
Biografía
Nado en Carral, graduouse en Educación Social no ano 2023 e no Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario no 2024, ambos títulos pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante a carreira participou na universidade como representante de estudantes, chegando a exercer a Vicepresidencia de Política Universitaria do Consello do Estudantado durante o curso académico 2022-2023. Durante o curso 2023-2024 obtivo un contrato de iniciación á investigación para estudantado de máster, vinculado ao Grupo de Investigación Sepa-Interea, que se converteu nun dos seus primeiros pasos no ámbito da investigación. A primeira das liñas de investigación que explorou foi a participación do estudantado na universidade, motivado polo desenvolvemento comunitario que impulsou como representante do estudantado. Dentro deste ámbito, indagou na incidencia da participación estudantil para o desenvolvemento persoal, académico e profesional. Vinculados a esta liña realizou o seu Traballo de Fin de Grao, o cal foi publicado, e o seu Traballo de Fin de Máster, así como algunhas comunicacións en congresos especializados no ámbito. Durante o grao, realizou as prácticas académicas no Museo Pedagóxico de Galicia, onde coñeceu de primeira man a labor educativa desenvolta nas entidades museísticas. O rol como estudante de Educación Social no museo consistiu en realizar propostas de actividades vinculadas aos ámbitos e contextos da Educación Social, así como analizar o traballo do museo en clave sociopedagóxica. Grazas a isto, tivo un primeiro achegamento a este tipo de entidades, onde xermolou nel a curiosidade pola labor socioeducativa invisibilizada que se leva a cabo nelas. É por iso que, actualmente, está a realizar tese de doutoramento sobre experiencias sociocomunitarias nos museos de Galicia, tratando analizalas e de indagar no potencial da Educación Social nestes espazos.
Tese
Departamentos de Educación dos museos de Galicia. Realidade e prospectiva. (en proceso)
Publicacións destacadas
- López-Seoane, D. (2023). A participación na comunidade universitaria como proceso formativo en Educación Social. Faber & Sapiens.
Proxectos de investigación
- Participación en Resclim@tiempo
Docencia
- Colaboración puntual nas materias de Socioloxía da Educación e Educación e Desenvolvemento Comunitario en Contextos Rurais e Urbanos.
- Organización das I e II Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria da USC.
- Organización de 5 cursos de formación para participación na universidade.
