
Álex Rey Álvarez
Investigador Predoutoral
Principais liñas de investigación
Artes Comunitarias; Animación Sociocultural; Desenvolvemento Comunitario; Pedagoxía do Lecer.
Biografía
Graduado en Educación Social (Premio Extraordinario 2023/2024 da Xunta de Galicia) e titulado no Mestrado en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (1º Premio Fin de Mestrado en Educación 2024/2025 do Departamento de Pedagoxía e Didáctica) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente cursa o Programa Interuniversitario de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación nesta mesma universidade. Desenvolve unha liña de investigación, iniciada co Traballo Fin de Grao (TFG) e o Traballo Fin de Mestrado (TFM), sobre as posibilidades das Artes Comunitarias para a teoría e praxe da Educación Social. Esta liña de investigación estase a desenvolver na súa tese de doutoramento, centrada na exploración e análise de experiencias de creación cultural colectiva no contexto autonómico galego, dende a perspectiva da cultura de base e a autoxestión comunitaria.
Tese
As Artes Comunitarias como Enfoque Socioeducativo para a Transformación Social: unha perspectiva galega (en proceso)
Publicacións destacadas
- Rey-Álvarez, Á. (2026). Arte Comunitaria como estratexia de transformación dende a Educación Social. Unha revisión sistemática a través de experiencias. En Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ed.), 11º Concurso TFG.eduso de traballos de fin de grao arredor da Educación Social. Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Proxectos de investigación
- Resclim@tiempo (PID2022-136933OB-C21); Mapoulas na Rúa.
Docencia
- Colaboración puntual na materia de Pedagoxía Social (2º curso de Educación Social, 2025/26)
