Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Aida Lorenzo Campos

Investigadora Predoutoral Contratada – FPU

aida.campos@usc.es

881 811 000 ext. 13753

Principais liñas de investigación

Pedagoxía social, participación comunitaria, animación sociocultural.

Biografía

Técnico Superior de Animación Sociocultural (2012-2014). Graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela (2014-2019). Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (USC, 2019-2020). Na actualidade está a desenvolver os seus estudos de doutoramento no programa interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación (Axudas á contratación de Formación de Profesorado Universitario, FPU20/03527). A súa tese versa sobre participación, tendo por obxecto analizar e poñer en valor prácticas de acción comunitaria que parten da cidadanía, nomeadamente aquelas que se enmarcan no asociacionismo sociocultural galego. A súa traxectoria académica e profesional está estreitamente vencellada ao eido da animación sociocultural, á participación comunitaria, á acción voluntaria, así como ao lecer e tempo libre. Forma parte de diferentes redes de relevancia para o quefacer socioeducativo como a Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), OcioGune e Nova Escola Galega. Alén diso, colabora activamente na Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Padrón dende hai máis de quince anos.

Tese

“Educación, cidadanía e empoderamento colectivo: análise de prácticas singulares para a acción comunitaria en Galicia” (en proceso).

Publicacións destacadas

  • Lorenzo-Campos, A. & Gradaílle Pernas, R. (2025). Asociacionismo y participación social. El ocio como oportunidad para crear comunidad. En I. Lazcano (coord.), El valor del ocio para la transformación social (pp. 19-29). Aranzadi La Ley. ISBN: 9791399068115
  • Lorenzo-Campos, A. & Caballo-Villar, B. (2024). Asociacionismo, participación y desarrollo comunitario durante la pandemia. Un estudio en la ciudad de Oporto. Práxis Educativa, 19, 1–15. https://doi.org/10.5212/PraxEduc.v.19.22820.048
  • Riádigos-Couso, X. & Lorenzo-Campos, A. (2024). La investigación como escenario de participación infantil: percepciones y propuestas de acción comunitaria. Pedagogía social: revista interuniversitaria, 44, 51-67. https://doi.org/10.7179/PSRI_2024.44.03
  • Riádigos-Couso, X., Barba Núñez, M. & Lorenzo-Campos, A. (2024). Participación da infancia en Galiza: unha lectura socioeducativa en clave de conquistas e desafíos. En A. Caride e X. Rodríguez (coords.), Realidades e horizontes da educación en Galicia (pp. 309-317). Kalandraka.
  • Lorenzo-Campos, A. (2022). Libros Viaxeiros: una experiencia de educación inclusiva y participación comunitaria. En K. Gajardo Espinoza e J. Cáceres-Iglesias (coords.), Soñar grande es soñar juntas. En busca de una educación crítica e inclusiva (pp. 572 – 588). Octaedro. ISBN: 978-84-19506-81-8

Proxectos de investigación

  • Resclim@tempo. Código: PID2022-136933OB-C21

Docencia

  • No marco da contratación predoutoral, colaborou en tarefas docentes nas materias de: Políticas Socioeducativas e Dereitos Humanos (Grao en Pedagoxía e Grao en Educación Social) nos cursos académicos 2021/2022 e 2023/2024, e Pedagoxía Social (Grao en Pedagoxía) no curso 2022/2023.

Ligazóns

  • ORCID
  • Google Académico
  • ResearchGate
  • LinkedIn

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar