
Xesús Ferreiro Núñez
Profesor asociado
Principais liñas de investigación
Educación, infancia, formación profesional, animación sociocultural, políticas sociais
Biografía
Doctor en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Ensinanza Secundaria, na especialidade de Intervención Sociocomunitaria, no CIFP Politécnico de Lugo, e Profesor Asociado na Facultade de Formación do Profesorado da USC, Campus de Lugo. As liñas de traballo profesional e investigador xiran arredor da infancia e os seus dereitos, o exercicio docente en formación profesional e as políticas socioeducativas. Forma parte do grupo de investigación SEPA-interea, de referencia competitiva no Sistema Universitario de Galicia; é membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dirixiu numerosos cursos e actividades formativas sobre educación na infancia, fundamentalmente con sede en Ribadeo e Lugo.
Tese
Animación sociocultural na infancia iniciativas e programas nos tempos de lecer en Galicia (2015)
Publicacións destacadas
- Ferreiro Núñez, X. (2025) Aproximación a la función docente desde la innovación educativa en el Máster en Profesorado de Educación Secundaria. La innovación educativa como herramienta para profesionales de la educación: experiencias en la facultad de formación del profesorado / coord. por Alba Souto Seijo, Carlos Dosil Díaz, 2025, ISBN 979-13-7006-352-8, págs. 233-247
- Ferreiro Núñez, X., & López, N. (2024). Formación para el ejercicio de la profesión docente en Formación Profesional: Un desafío permanente. En Desafíos formativos y competenciales para el docente de FP (pp. 101-108). Universidade de Santiago de Compostela.
- Ferreiro-Núñez, X., & Caride-Gómez, J. A. (2024). Educating and caring for children aged 0-3 years in rural Galicia: The experience of the “Casas Nido”. Education Policy Analysis Archives, 32. https://doi.org/10.14507/epaa.32.8079
Docencia
- Educación, Sociedade e Política Educativa (máster en profesorado)
- Educación Estética (grao e dobre grao en educación infantil)
- Prácticum (máster en profesorado de educación secundaria e rao e dobre grao en educación infantil)
