Saltar ao contido
SEPA-interea
  • Inicio
  • Sobre nós
  • EquipoAmpliar
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Colaborador
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • PublicaciónsAmpliar
    • Libros
    • Capítulos de libros
    • Artigos de revistas
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
SEPA-interea

Pablo Ángel Meira Cartea

Catedrático de Universidade

pablo.meira@usc.es

881 811 000 ext. 13747

Principais liñas de investigación

Educación Ambiental, Cambio Climático, Pedagoxía Social, Socioloxía da Educación, Método Socio-biográfico

Biografía

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese A inserción social nos xoves da Galicia rural: perspectivas escolares, familiares e profesionais (1992), dirixida polo Dr. José A. Caride Gómez. Galardoado co Premio Extraordinario de Doutorado da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da USC. Forma parte do corpo de profesorado da USC dende 1989. Ten sido docente na Licenciatura de Ciencias da Educación (1989-1997) e nos graos de Pedagoxía (dende 1997) e Educación Social (dende 1994). Imparte materias relacionadas coa Educación Ambiental e a Cultura da Sustentabilidade, a Intervención Educativa na Xuventude, a Formación e a Profesionalización en Educación Social, a Socioloxía da Educación e a Pedagoxía Social, ademais de materias de mestrado e doutorado vinculadas á educación climática e para a sostibilidade e ás metodoloxías cualitativas aplicadas na investigación educativa en universidades de Brasil, Chile, Colombia, España, México e Portugal. O seu labor académico principal enmarcase no campo da Educación Ambiental, con especial atención aos enfoques pedagóxicos socio-críticos diante da emerxencia climática. As súas principais liñas de investigación indagan sobre os fundamentos teóricos, ideolóxicos e éticos da Educación Ambiental, a historia da Educación Ambiental, o deseño e avaliación de políticas públicas de Educación Ambiental, as representacións sociais do cambio climático, as relacións entre cultura científica e cultura común, a comunicación e a educación para a emerxencia climática, e sobre as estratexias educativas diante da crise socio-ecolóxica. Ten sido autor de máis de 300 publicacións en libros e revistas. Algunhas obras destacadas son Educación Ambiental y desarrollo humano (2001), In Praise of Environmental Education (2005), Comunicar el Cambio Climático (2009), Climate Change, Education and Communication: A Critical Perspective on Obstacles and Resistences (2010), La sociedad española ante el cambio climático (2013), Cambio climático en educación secundaria: la representación social del alumnado portugués (2024), El potencial educativo de la teoría de las representaciones sociales aplicada al cambio climático (2025), Las narrativas climáticas en las agendas educativas (2025). É promotor e coordinador do Proxecto Resclima (www.resclima.info). Premio María Barbeito á mellor Investigación Pedagógica (2009), outorgado polo seu traballo no Proyecto Fénix: Proceso de diagnóstico y actualización de la Estrategia Galega de Educación Ambiental. Premio José Manuel Esteve ao mellor artículo científico pedagóxico (2021) por ¿Cómo educar sobre la complejidad de la crisis climática? Hacia un currículum de emergencia. En 2025 foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidad Veracruzana (México), en recoñecemento a súa contribución na creación de instrumentos educativos de libre acceso con enfoque crítico, a súa visión comprensiva da crise ecolóxica e a súa vinculación con problemáticas sociais. Fundador e ex-presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental (2001). Fundador e integrante do Conselho da Rede Lusófona de Educação Ambiental (dende 2005) e da Rede Internacional de Pesquisadores em Educação Ambiental e Justiça Climática (dende 2016). Membro do Seminario Permanente sobre Educación y Comunicación para el Cambio Climático do Centro Nacional de Educación Ambiental (dende 2004).

Tese

A inserción social nos xoves da Galicia rural: perspectivas escolares, familiares e profesionais (1992)

Publicacións destacadas

  • Meira, P.Á. (1991). De lo ecológico a lo eco-cultural: bases de un nuevo paradigma em Educación Ambiental. En Caride, J.A. (coord.), Educación Ambiental: realidades y perspectivas (pp. 135-160). Santiago de Compostela: Tórculo Editora.
  • Caride, J. A., & Meira, P. Á. (2001). Educación Ambiental y desarrollo humano. Barcelona: Ariel.
  • Meira, P.Á. (2008). Comunicar el Cambio Climático. Escenario social y líneas de acción. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Organismo de Parques Naturales.
  • Meira, P.Á. (dir.) et al. (2013). La respuesta de la sociedad española ante el cambio climático. 2013. Madrid: Fundación Mapfre.
  • Meira, P.Á., González, E.J. & Gutiérrez, J. (2022). Climate Change Curriculum: Denature an Anachronistic Canon for Another Society. En Peters, M. A. & Heraud, R. (eds.). Encyclopedia of Educational Innovation. Springer, Singapore.

Proxectos de investigación

  • La relación entre ciencia y cultura común en las representaciones sociales del cambio climático: aportes a la educación y comunicación sobre los riesgos climáticos (2013-2015). Programa Nacional de Proyectos de Investigación Fundamental, en el marco del VI Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011, convocatoria de 2012. Ministerio de Economía y Competitividad. Investigador Principal. Ref. EDU2012-33456.
  • La alfabetización climática en Educación Secundaria: análisis transcultural de las representaciones sociales del Cambio Climático en estudiantes, docentes y material curricular (2016-2018). Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento. Proyectos de I+D, en el marco del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016, convocatoria de 2015. Ministerio de Economía y Competitividad. Investigador Principal. Ref. EDU2015-63572-P.
  • Educación para el Cambio Climático en Educación Secundaria: investigación aplicada sobre representaciones y estrategias pedagógicas en la transición ecológica (2019-2022). Proyectos de I+D+i «retos investigación», del Programa Estatal de I+D+i orientada a los retos de la sociedad, en el marco del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020, Convocatoria 2018. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Secretaría de Estado de Investigación. Investigador Principal. Ref. RTI2018-094074-B-I00.
  • Educar a tiempo ante la emergencia climática y la transición socioecológica: realidades y desafíos para la educación en contextos escolares y sociales. Proyectos de Generación de Conocimiento 2022 (2023-2027). Investigación Orientada Tipo Coordinado. Ministerio de Ciencia e Innovación. Investigador Principal. Ref. PID2022-136933OB-C21.

Docencia

  • Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade (2º curso, Grao en Pedagoxía)
  • Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade (4º curso, Grao en Educación Social)
  • Formación e Profesionalización en Educación Social (2º curso, Grao en Educación Social)

Ligazóns

  • ORCID
  • Google Académico
  • ResearchGate

Instagram Facebook

© 2026 SEPA-interea

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea)
Departamento de Pedagoxía e Didáctica Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida (15782) Módulo A. Tlf.: 881 81 37 17
Universidade de Santiago de Compostela.

Scroll cara arriba
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Equipo
    • Persoal Docente e Investigador
    • Persoal Investigador en Formación
    • Persoal Investigador Visitante
    • Antigos Membros
  • Publicacións
    • Libros
    • Artigos de revistas
    • Capítulos de libros
    • Teses doutorais
    • Exposicións
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • ESP
  • ENG
Buscar