
Mario Outeiro Iglesias
Profesor asociado
Principais liñas de investigación
Contorna, sostibilidade, rural, agroecoloxía
Biografía
Mario Outeiro Iglesias (O Corgo, 1978). Estudou Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial (titulación na que obtivo o 2º premio Fin de carreira do Ministerio de Educación e o Premio de fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia) e Enxeñaría Química, ambas as dúas na USC. Tamén é Técnico Superior en Xestión forestal e do medio natural. Dende 2003 é Profesor de Ensino Secundario (especialidades de Física e Química e de Tecnoloxía), actualmente con praza no IES Pedregal de Irimia (Meira), onde é o director dende xullo de 2021. Obtivo o primeiro Premio á Innovación Educativa 2007 (conxuntamente con outros 3 profesores) e o Premio Innovagal 2021, convocados pola Consellaría de Educación. É Profesor Asociado LOSU, dende 2024, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (Área de Didáctica das Ciencias Experimentais do Departamento de Didácticas Aplicadas). Está realizando a Tese no Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación. Actualmente forma parte do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). Actualmente é membro das xuntas directivas de distintas asociacións de índole cultural, veciñal e educativo. Foi o presidente fundador da Asociación Terras de Lugo (entidade xestora dos fondos LEADER 2007-2013 na comarca de Lugo), deputado provincial e responsábel da área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico na Deputación de Lugo durante catro anos e concelleiro no Corgo durante dez. Tamén foi presidente do Padroado da UNED de Lugo, presidente da Fundación Campus da cal depende a Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo e membro da Comisión provincial de Patrimonio. Dende o 2012 escribe semanalmente no xornal “El Progreso” de Lugo (colaborando puntualmente noutros xornais), ten publicados diversos artigos de investigación sobre temáticas variadas (Corga, Croa, Revista Galega de Educación, Boletín das Ciencias…), distintos traballos en obras colectivas e recibido media ducia de premios literarios. Publicou os seguintes libros en solitario: “Da Tribuna ao Outeiro. 500 artigos de opinión no xornal El Progreso” (2023, Asociación Cultural Arumes do Corgo). “19 (+1) escapadas polo Corgo: guía visual do concello” (2024, Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo).
Tese
O aproveitamento dos recursos do medio natural no ensino secundario: unha ferramenta contra o despoboamento e para lograr a equidade entre o alumnado rural e urbano (en proceso).
Publicacións destacadas
- Outeiro Iglesias, Mario (2019). “Aproveitamento dos recursos do medio natural”, unha materia necesaria en Galiza. Boletín das Ciencias, 88, pp. 105-106. Recuperado de http://www.enciga.org/files/boletins/88/ID12_Aproveitamento_dos_recursos_do_medio_natural.pdf
- Outeiro Iglesias, Mario (2021). “Aproveitamento dos Recursos do Medio Natural” unha ferramenta educativa máis contra o despoboamento do rural. Revista Galega de Educación, 80, pp. 64-67. Recuperado de https://rge.gal/paper/aproveitamento-dos-recursos-do-medio-natural-unha-ferramenta-educativa-mais-contra-o-despoboamento-do-rural/
- Outeiro Iglesias, Mario e Trillo Alonso, Felipe (2021a). A formación en apicultura como achega para un futuro sustentábel na montaña lucense. Educación Ambiental y Cultura de la Sostenibilidad. Construyendo la transición ecológica, pp. 495-496. Recuperado de https://www.researchgate.net/publication/365609222_Actas_Congreso_SIPS_2021_Educacion_Ambiental_y_Cultura_de_la_Sostenibilidad
- Outeiro Iglesias, Mario e Trillo Alonso, Felipe (2021b). Proxecto PAN: a panificación nos Ancares. Educación Ambiental y Cultura de la Sostenibilidad. Construyendo la transición ecológica, pp. 987-988. Recuperado de https://www.researchgate.net/publication/365609222_Actas_Congreso_SIPS_2021_Educacion_Ambiental_y_Cultura_de_la_Sostenibilidad
Proxectos de investigación
- Colabora co Proxecto de investigación LIECEDEU (Liderado Institucional para a Avaliación das competencias dos estudantes e o Desenvolvemento do Engagement Universitario).
Docencia
- A Ciencia e a súa Metodoloxía para Profesorado de Educación Secundaria (Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais).
- Ciencias Experimentais para Profesorado de Educación Secundaria (Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais).
- Didáctica da Física e da Química na Educación Secundaria (Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais).
- Titor de TFM (Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais).
